1ª Xornada solidaria no Clube de Campo de Bonxe 🎾
72 / 100
final torneo san froilan 2024 +45 carlos faba saul verez

Ola a todxs! 👋

Queremos convidarvos este domingo 17 de novembro á primeira xornada solidaria no noso querido Clube de Tenis de Bonxe. Será un día especial para traballar en equipo, coñecernos mellor e, sobre todo, compartir momentos únicos mentres melloramos as nosas instalacións. Porque este club é de todxs, e entre todxs podemos facer grandes cousas!

Que faremos durante a xornada?

Dividiremos as tarefas en varios equipos de traballo para aproveitar o tempo e o esforzo ao máximo:

  • Equipo 1: Limpeza
    Prioridades:

    • Baños
    • Salón
    • Oficina
    • Cafetería
    • Comedor e cociña
      Material necesario: Traede luvas e roupa vella para traballar comodamente. O club xa ten o material de limpeza preparado.
  • Equipo 2: Pintura
    Prioridades:

    • Interior: comedor, cafetería e oficina
    • Exterior: fachada principal e laterais exteriores
      Material necesario: Traede roupa vella e puchos. Temos brochas, rodillos e pintura, pero se tedes algo que poida ser útil, será benvido.
  • Equipo 3: Xardinería
    Prioridades:

    • Poda de árbores
    • Desbrozado da contorna da cafetería
    • Corte da herba na zona da piscina
      Material necesario: Contamos con desbrozadora e tixeiras de poda, pero precisaremos un cortacéspede e outras ferramentas que poidades aportar.
  • Equipo 4: Hidrolimpadora
    Prioridades:

    • Limpeza dos baños da cafetería
    • Zócalo da cafetería
    • Proba en pista de tenis
    • Beirarrúa de acceso á piscina
      Material: Temos unha hidrolimpadora prestada, pero se podedes traer algunha adicional ou materiais complementarios, será estupendo.

Horario do día

  • 10:00: Comezamos a xornada coa repartición das tarefas.
  • 14:30 – 16:30: Xantar comunitario e xogos de mesa.
  • 16:30 – 18:30: Continuación das tarefas da tarde.
  • 18:30 – 20:00: Merenda á carón da cheminea.
  • 20:00 – 20:30: Despedida e agradecementos.

E se non quero traballar?

Non pasa nada! Se só queres vir a compartir un bo rato, coñecer máis xente do club ou simplemente desfrutar do ambiente, estarémosche igual de agradecidos. Este día é para desfrutar, sen presións!

Tema xantar e merenda

Cada persoa pode traer algo de xantar ou bebida para compartir. No salón prenderemos a cheminea para crear un espazo acolledor e, ademais, asaremos castañas, chourizos ou o que vexamos entre todxs. Será un momento de unión e desfrute.

E para rematar… xogos e música!

No club temos parchís e cartas, pero se alguén quere traer karaoke, altavoces ou outros xogos, será xenial para animar a última parte da xornada. Non hai nada mellor que rematar o día con música, cánticos e algunha baila!

Como participar?

Non é necesario ser soci@ do club; está aberto a todxs! Podedes convidar á vosa familia, amig@s ou quen queirades. Canto máis sexamos, mellor será o día!

Un agradecemento especial

Desde o Clube de Tenis de Bonxe queremos darvos as grazas de antemán. Estamos ilusionadísimos con esta oportunidade de traballar e compartir xuntos. Este é un club único, e coa vosa axuda seguirá medrando e sendo un lugar especial para todxs.

Agardámosvos este domingo!

🎾 Un clube para todxs. Un clube feito entre todxs.

5/5 - (5 votos)

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *