67 / 100

Campionatos da Escola de Bonxe

Iremos facendo campionatos en Bonxe para todxs xs alumnxs do Clube de Tenis e tamén para todxs os que desexedes asistir. Competición, descanso, lecer, risotadas, etc e todo esto baixo a tutela do noso querido adestrador Xisco Fuentes.

Breve explicación do que pretendemos:

No Clube de Campo e Tiro de Bonxe, cremos firmemente no valor das actividades grupais e a competición saudable. É por iso que lanzamos o noso programa de competicións de tenis, destinado a todos os membros da nosa escola, desde principiantes ata avanzados.

As competicións non só miden a habilidade e o progreso senón que tamén fomentan o compañeirismo, a resiliencia e o espírito deportivo. A través destes eventos, buscamos crear unha comunidade máis unida e apaixonada polo tenis.

Próximos eventos:

Esta fin de semana, os días 25, 26 e 27 de Outubro, marcarán o inicio da nosa segunda xornada de tenis, con máis de 20 participantes listos para demostrar a súa paixón e habilidades.

Haberá algo para picar e para beber mentras se fai deporte e, ó final da competición, haberá empanada para todxs.

¡Non perdas a oportunidade de ser parte deste emocionante evento!

Cómo participar?

Descobre como podes unirte ás nosas competicións, coñece as categorías dispoñibles, os requisitos de participación e os premios que poderías gañar. Fala con Xisco a través do whatsapp desta páxina web ou cumprimenta o formulario de contacto.

Todo o que necesitas saber para comezar o teu camiño cara á vitoria está aquí.

¿Listo para aceptar o desafío? Atopa aquí como inscribirte nas próximas competicións. O noso equipo está listo para asistirche en cada paso do proceso.

14 + 9 =

Galería de campións:

¡No Clube de Tenis de Bonxe, cada golpe conta!

Únete a nós para vivir a emoción da competición e levar o teu xogo a novas cotas.