Boas de novo queridos amigas e amigos.
🔜 Xa temos novas por parte da Federación Galega de Tenis no que nos informa dos emparellamentos en Interclubes e da posición de cada un de nos en función do ranking que se mostra a través da aplicación da propia Federación.
EMPARELLAMENTOS 🎾
16 de Xaneiro ás 10:00hrs
CASINO FERROLANO T.C. (A) vs CLUBE DE TENIS CDL
30 de Xaneiro ás 10:00hrs
CLUBE DE TENIS CDL vs CLUBE DE TENIS REDES (B)
13 de Febreiro ás 10:00hrs
CLUBE DE TENIS CDL vs CLUBE DE TENIS VILALBÉS
12 de Marzo ás 16:00hrs
CLUBE TENIS-PADEL A MAROSA vs CLUBE DE TENIS CDL
27 de Marzo ás 10:00hrs
CLUBE GRUPO BAZÁN vs CLUBE DE TENIS CDL
RANKING PARA COMPETICIÓN 🎾
1- SAUL VEREZ FERNANDEZ: o mellor xogador que deu a Rúa Pontedeume de As Pontes afronta con ilusión esta nova andaina. Abandonou o periódico de dereita a tempada pasada.
2- JOSE ANGEL CARREIRA MONTES. El viellu sabe que este pode ser o seu ano. Horas e horas de adestramento para atacar esa boliña de drive paralelo. Agora xa é un tigre.
3- VALENTIN ARIAS BRUZOS: o tigre do castelo, un portento da natureza, o home máis puntual do planeta. Este ano busca aplastar a todo aquel que o rete despois de facer a conta de sets perdidos contra Carreira.
4- ANTON GARCIA RODRIGUEZ: sabia nova para o equipo, gasoliña da boa. O rei do fondo de pista sen ter nin idea de darlle de dereita nin de revés. Un talento.
5- JAIME RODRIGUEZ RODRIGUEZ: o presidente máis xove da Jalisia. Este pequeno energúmeno busca afianzarse no equipo apostando polo seu xogo e esa cabeza privilexiada (de tamaño).
6- IAGO GARCIA DIEZ: o fillo de Dopi sempre cumple as espectativas. Esos abdominais non son causalidade. Sospeitamos que hai moitas rapazas polo medio.
7- DAVID RIO CAZON: David Rio sempre é unha incognita. Esperamos ver a mellor versión del que o levou en 2019 a xogar o Challenger de Nova Yorke perdendo na final contra Novak Nuñez.
Comezamos o próximo fin de semana dia 16 de Xaneiro, adestraremos todo o que podamos para estar mellor que o ano pasado.
Hai grandes equipos e grandes rivais pero o Cidade é moito Cidade de nuestro señor.
Imos a por todas!!! 💪🎉
¡AUPA CDL!
Que gañas de vervos a todos!!!!