Esta fin de semana, as pistas da Sociedade Deportiva de Bonxe acolleron unha nova e vibrante xornada do Torneo de Tenis, un evento que vai moito máis alá da competición: é unha celebración do tenis, da amizade e da comunidade.
Durante o sábado á tardiña e o domingo ao longo do día, o club encheuse de xogadores, familias e afección, creando un ambiente máxico onde o cariño e a paixón polo tenis foron protagonistas.
🏆 GRUPO A – Brenda impón o seu bo nivel de xogo
-
Semifinal 1: Patricia vs Estela → Patricia vence 4/4(10-2) – 4/4(5-7) – 10-8
Un encontro de máxima igualdade, resolto no desempate. Estela mostrou gran nivel, pero Patricia estivo máis fina nos momentos clave. Partidazo! -
Semifinal 2: Brenda vs Azucena → Brenda vence 4/2 – 4/1
Brenda demostrou control e serenidade ante unha Azucena moi loitadora. Bravas! -
Final: Brenda vs Patricia → Brenda vence 4/2 – 5/3
A final foi dominada por Brenda, cun xogo limpo e eficaz, consolidándose como campioa do Grupo A. Chegar e encher! Menuda xogadora, un mes nas clases de Xisco e gaña! jajajaj
Participantes Grupo A: Patricia, Estela, Azucena, Brenda.
🏆 GRUPO B – Alex confirma o seu gran momento
-
Cuartos de final:
-
Miguelín vence a Fernando → 4/1 – 5/3
-
Rubén vence a Alberto → 4/0 – 4/1
-
Pablo vence a Diego → 4/4(8) – 4/1
-
Alex vence a Miguel → 4/4(5) – 4/4(2)
-
-
Semifinais:
-
Rubén vence a Miguel → 4/1 – 2/4 – 10-5
-
Alex vence a Pablo → 4/1 – 4/1
-
-
Final: Alex vs Rubén → Alex vence 4/2 – 5/3
Un Alex firme, decidido e con golpes moi limpos fíxose coa vitoria fronte a un Rubén moi sólido e aguerrido durante toda a xornada. Unha grandísima final á altura das grandes citas!!
Participantes Grupo B: Fernando, Rubén, Alberto, Miguelín, Pablo, Diego, Miguel, Alex.
🏆 GRUPO C – Iago brilla nun grupo con nivel moi igualado
-
Cuartos:
-
Elio vence a María → 4/0 – 4/1
-
David vence a Antonio → 4/2 – 4/1
- Iago vence a Fer → 4/1 – 4/1
- Oscar vence a Samuel → 4/0 – 4/1
-
-
Semifinais:
-
Elio vence a David → 4/1 – 5/3
-
Iago vence a Óscar → 4/2 – 5/3
-
-
Final: Iago vs Elio → Iago vence 2/4 – 4/1 – 10-5
Iago mantivo a calma nos momentos decisivos e levou a final cun xogo moi ordenado e maduro. Gran partido donde todxs xs presentes flipamos vendo a estos dous xogadores dar o mellor de cada un. Enormes!
Participantes Grupo C: Samuel, Elio, Fer, David, Antonio, Maria, Iago e Oscar.
💬 Unha fin de semana para recordar
Foron dúas xornadas intensas, con partidos equilibrados e xogadores/as entregados. O público non só estivo presente, senón que foi parte da experiencia, animando, agradecendo e recoñecendo o traballo feito polo club. Dende a organización, non podemos máis que agradecer o espírito deportivo, a alegría e o respecto que se respirou en cada pista.
Esta terceira xornada confirmou algo que xa sabíamos: o Torneo de Bonxe é moito máis ca tenis, é comunidade, convivencia e paixón compartida.
Grazas a todas e todos por formar parte desta historia que medra con cada golpe de raqueta.
0 comentarios