🎾 Crónica completa da 3ª xornada de tenis de Bonxe
27 / 100 Puntuación SEO
gonzalo gonzalez campion en turquia co xogador holandes Dunker

Esta fin de semana, as pistas da Sociedade Deportiva de Bonxe acolleron unha nova e vibrante xornada do Torneo de Tenis, un evento que vai moito máis alá da competición: é unha celebración do tenis, da amizade e da comunidade.

Durante o sábado á tardiña e o domingo ao longo do día, o club encheuse de xogadores, familias e afección, creando un ambiente máxico onde o cariño e a paixón polo tenis foron protagonistas.

🏆 GRUPO A – Brenda impón o seu bo nivel de xogo

  • Semifinal 1: Patricia vs Estela → Patricia vence 4/4(10-2) – 4/4(5-7) – 10-8
    Un encontro de máxima igualdade, resolto no desempate. Estela mostrou gran nivel, pero Patricia estivo máis fina nos momentos clave. Partidazo!

  • Semifinal 2: Brenda vs Azucena → Brenda vence 4/2 – 4/1
    Brenda demostrou control e serenidade ante unha Azucena moi loitadora. Bravas!

  • Final: Brenda vs Patricia → Brenda vence 4/2 – 5/3
    A final foi dominada por Brenda, cun xogo limpo e eficaz, consolidándose como campioa do Grupo A. Chegar e encher! Menuda xogadora, un mes nas clases de Xisco e gaña! jajajaj

Participantes Grupo A: Patricia, Estela, Azucena, Brenda.

🏆 GRUPO B – Alex confirma o seu gran momento

  • Cuartos de final:

    • Miguelín vence a Fernando → 4/1 – 5/3

    • Rubén vence a Alberto → 4/0 – 4/1

    • Pablo vence a Diego → 4/4(8) – 4/1

    • Alex vence a Miguel → 4/4(5) – 4/4(2)

  • Semifinais:

    • Rubén vence a Miguel → 4/1 – 2/4 – 10-5

    • Alex vence a Pablo → 4/1 – 4/1

  • Final: Alex vs Rubén → Alex vence 4/2 – 5/3
    Un Alex firme, decidido e con golpes moi limpos fíxose coa vitoria fronte a un Rubén moi sólido e aguerrido durante toda a xornada. Unha grandísima final á altura das grandes citas!!

Participantes Grupo B: Fernando, Rubén, Alberto, Miguelín, Pablo, Diego, Miguel, Alex.

🏆 GRUPO C – Iago brilla nun grupo con nivel moi igualado

  • Cuartos:

    • Elio  vence a María → 4/0 – 4/1

    • David vence a Antonio → 4/2 – 4/1

    • Iago vence a Fer → 4/1 – 4/1
    • Oscar vence a Samuel → 4/0 – 4/1
  • Semifinais:

    • Elio vence a David → 4/1 – 5/3

    • Iago vence a Óscar → 4/2 – 5/3

  • Final: Iago vs Elio → Iago vence 2/4 – 4/1 – 10-5
    Iago mantivo a calma nos momentos decisivos e levou a final cun xogo moi ordenado e maduro. Gran partido donde todxs xs presentes flipamos vendo a estos dous xogadores dar o mellor de cada un. Enormes!

Participantes Grupo C: Samuel, Elio, Fer, David, Antonio, Maria, Iago e Oscar.

💬 Unha fin de semana para recordar

Foron dúas xornadas intensas, con partidos equilibrados e xogadores/as entregados. O público non só estivo presente, senón que foi parte da experiencia, animando, agradecendo e recoñecendo o traballo feito polo club. Dende a organización, non podemos máis que agradecer o espírito deportivo, a alegría e o respecto que se respirou en cada pista.

Esta terceira xornada confirmou algo que xa sabíamos: o Torneo de Bonxe é moito máis ca tenis, é comunidade, convivencia e paixón compartida.

Grazas a todas e todos por formar parte desta historia que medra con cada golpe de raqueta.

Galería de imaxes da III Xornada de Bonxe

5/5 - (12 votos)

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *