Valentín Arias recupera sensacións neste 2021

Valentín Arias Bruzos, nado en Lugo fai unhos aniños e integrante do Clube de Tenis CDL enfrontouse como cada semana a Xose Anxo Carreira Montes, gran coñecido da parroquia lucense. 

Sen dúbida, este pode ser o derby máis disputado na historia do tenis lucense xogándose un partido cada semana (sen excepción) desde os xogos olímpicos de Barcelona 92.

Valentín creou aló por 1998 un Excel para levar a conta dos sets xogados con Carreira. Este excel foi creado ca primeira versión da suite ofimática de Microsoft e hoxe en día o excel derivou nun software único no mundo cuxo algoritmo arroxa as macros máis avanzadas para que Valentín poda rescatar esos datos cruciais para o seu posterior estudio. 

Adestradores da talla de Bolettieri, Sebastián Cala e Jose Andrés Pereiro tiveron algún contacto con Valentín este ano para levar este excel ás súas escolas neste ano 2021. 

Como cada Luns Valentín e Carreira mediron as súas forzas e este día contaban con dous espectadores de luxo. O tesoureiro, Saúl Vérez, e o Ilmo. Presidente do Clube de Tenis CDL, Xaime Rodríguez

Atentos a este partido puidemos observar un partido na liña dos 1359 anteriores. Xogo sólido desde o fondo de pista, puntos de infarto, pouco xogo na volea e dereitas que nos recordaron ás do noso Juan Martín del Potro ou do mismísimo xogador chileno Fernando González.  

Este ano Carreira leva unha racha a favor de 14-1 a sets e, a Valentín, estalle a costar dobregar ó noso querido amigo e o gran xogador que é Carreira.

Tirando de orgullo e vontade, Valentin xogou un excelente set que se levou por un reñido 6-4 pero que de seguro que lle soupo a gran victoria xa que levaba xa tempo sen poder dobregar ó xogador da Campiña. 

A felicidade de Valentín era notoria ó finalizar o set e por iso decidimos inmortalizar este momento e publicalo en congrasilla.com para mostrarvos a todxs xs que esteades lendo este artigo a importancia que teñen eses pequenos momentos, esas pequenas victorias que reconfortan enormemente e que, normalmente, son invisibles para os ollos de moitxs de nos. 

¡Grande Valentín! ¡Grande Carreira!

Un bico e a disfrutar deste segundo set do ano.

Valoración post

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *