🥇 Estos últimos días, desde o 12 ó 18 de Setembro, tivemos a sorte de desfrutar dun dos torneos máis bonitos da zona, o Torneo de Tenis de San Ramón de Vilalba.
🚀Este torneo está dirixido por Paulino Fernandez Seoane, sen dúbida, unha das persoas máis ilustres no mundo do tenis Vilalbés e Pontés e este ano celebrabamos o 2º Memorial Juan José Pereira Vázquez con 800€ en premios en metálico.
O torneo pechouse cas seguintes categorías: categoría infantil, Absoluto Masculino e +35 absoluto.
📣Como non podía ser de outra maneira, parte do plantel do Clube de Tenis CDL estivo en terras chairesas para medirse cos mellores xogadores do momento. Aló fomos Valentín Arias «O tigre do Castelo», Carreira «ladrillovisto», Xaime «bonequiñas» e Saúl «doble de gluten» 🙂. Non foi doado pasar a previa dun torneo tan complexo e Xaime e Saúl accederon ós oitavos de final do torneo perdendo os seus partidos contra Asier González e Carlos Tubío respectivamente.
👉Na categoría +35 houbo máis oportunidade para 3 dos 4 integrantes do CDL. Carreira, Valentín e Saúl accederon sen moitas complicacións ós oitavos de final donde só Saúl perdeu o seu partido contra o enorme xogador padronés Javier Iglesias, un Santiago Mota en blanquito cunha boneca que vale o seu peso en ouro.
🏆Valentín e Carreira accederon ós cuartos de final pero dobregaron contra dous grandísimos xogadores, Gustavo Montero do Clube de Tenis Justo al Revés e o fantástico Javier Iglesias do Clube W de Padrón respectivamente.
Dar as gracias a Paulino por facer un dos torneos que son cita obrigada cada ano para nos e por lograr congregar tanta xente ó longo do torneo. 🙌
¡Voltaremos para o ano se nos permite a saude!🎈
RESULTADOS FINAIS
Absoluto Masculino
Campeón: Carlos Tajes(C.T. Hípica Coruña)
Subcampeón Carlos Tubio (C.T. Mercantil de Pontevedra)
Resultado: 6/3,7/5
Infantil Masculino
Campeón: Jaime Espino(C.T. As Termas)
Subcampeón Daniel Fernández (C.T. As Termas)
Resultado: 6/2,6/2
+35 Absoluto
Campeón: Javier Iglesias(C.T. W Padron)
Subcampeón Gustavo Montero (C.T. Justo al Reves)
Resultado: w.o
Premios Especiales
Mellor xogador local: Jairo Fernández (C.T.Vilalbes)
Xuez de Silla: Juan Martínez
Recordo do Torneo: Patricia Pereira
0 comentarios